Nas Rías Baixas de Galicia, escondida no corazón dun frondoso val, atópase Casa Do Ouro. A poucos metros da casa, espállase a bonita Ría de Aldán, unha ría en miniatura ateigada de cabos, piñeirais e farallóns de granito que se despeñan ata as beiras das súas numerosas praias e calas.

Trátase dunha casa restaurada a partires dunha pequena e antiga construción á beira dun viñedo. A restauración comezou no ano 1999, e dous anos despois, Casa do Ouro abriu as súas portas como casa de turismo rural.

Entre outros servizos ó visitante, a casa consta de 5 habitacións dobres e unha especial, varios salóns, comedor, solaina, ampla zona axardinada e aparcamento.

A arquitectura actual é fiel á tipoloxía e ós materiais autóctonos; pedra e madeira constrúen seus muros e teitumes. A coidada decoración interior esmérase nos pequenos detalles, e pretende transmitir sinxeleza e elegancia.

Montañas, costa, ríos, fontes, historia, silencio e paz conforman o entorno natural dunha casa a disposición de quen busque repouso.

inicio |
historia |
a casa |
servizos
tarifas |
localización e contacto |
vídeo